Logo ColaboraTIC.gal

Co sector rural galego

Porque o software libre ten moito que aportar ao agro e sector rural galegos. Porque queremos amosar o mellor de nós mesmxs. Porque queremos escoitar experiencias de interese. Porque queremos colaborar.

Xornada colaboraTIC.gal. 16 de xuño de 2017
Sala Eisenman da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

O vindeiro 16 de xuño de 2017 celebramos a xornada colaboraTIC.gal, un espazo onde ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración entre os eidos das tecnoloxías abertas e o tecido empresarial. Nesta segunda edición, a xornada centrarase na colaboración co eido rural. Contarase cun interesante grupo de profesionais e empresas que amosarán as súas experiencias, tanto do que se ten feito como do que se pode facer. Se che interesa vir para escoitar pero tamén falar, inscríbete, a asistencia é de balde!

Ven escoitar


Presentación de iniciativas de interese relacionadas coa conexión do mundo rural e as tecnoloxías abertas. Trátase de presentacións por parte de representantes de experiencias concretas onde o software libre forma parte dunha iniciativa, proxecto, empresa do eido rural.

Sesión conecta. Trátase de coñecer como traballan empresas/axentes do eido rural e como o software libre pode aportar solucións e melloras nas mesmas. É decir, hai moitas explotacións, asociacións, etc que non utilizan o software libre, xeralmente por descoñecemento, e con esta sesión trátase de que descubran as tecnoloxías abertas a través de “conexións en directo”.

Programa

Xornada ColaboraTIC.gal.
16 de xuño de 2017 na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)

Representantes de experiencias concretas falarán de cómo o software libre forma parte dunha iniciativa, proxecto, empresa do eido rural; contando coa dinamización de Noa Orizales, experta en tecnoloxías abertas (Asocación Chamilo, Contidos Dixitais, etc)

Contaremos coa presenza de

FRAN QUIROGA

Francisco Quiroga é licenciado en CC Políticas e forma parte da liña de traballo do procomún rural do Laboratorio do procomún no Medialab Prado, publicando artigos como “Desde la desarticulación al presente en los montes vecinales en mano común en Galicia”.

CARLOS FERRÁS, DE GRANXA FAMILIAR

Carlos Ferrás é profesor na USC e fundador de Granxa Familiar, unha plataforma en software libre para a comercialización de produtos agrarios sen necesidade de intermediación de empresas distribuidoras.

PABLO SANXIAO, DE ICARTO

Pablo é socio fundador de iCarto, empresa especializada no uso e desenvolvemento de tecnoloxías de información xeográfica, na que dirixiu e participou en numerosos proxectos de aplicación destas tecnoloxías a diversos sectores tanto públicos como privados e a nivel nacional e internacional. Activista do software libre, ademais de iCarto, onde a filosofía empresarial xira ao redor do software libre, creou unha asociación para a difusión do software libre en Galicia, participou en diferentes comunidades como o proxecto gvSIG ou o capítulo hispano da Fundación OSGeo e é membro da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras.

JOSÉ MANUEL CAMPOS, DE AINFOGRA

Iniciativa da Federación EFA de Galicia, que ten como como pilar fundamental a difusión, formación e desenvolvemento en Software Libre orientado ao Medio Rural. José Manuel Campos é o seu deseñador, e forma parte de EFA Galicia (Centros de Promoción Rural – Escolas Familiares Agrarias de Galicia)

Neste espazo contaremos con tres experiencias do eido do software libre e tres experiencias do rural que contarán como traballan e por que, coa finalidade de identificar espazos de colaboración, sinerxias, etc. En definitiva, que o sector rural e as tecnoloxías abertas se coñezan un pouco máis!

Procedentes do rural:

Procedentes do software libre:

ColaboraTIC.gal

16 de xuño de 2017
Sala Eisenman da Cidade da Cultura
Santiago de Compostela

  • AGASOL
  • AMTEGA
  • Xunta de Galicia